SEMENTES DE PAPEL

SEMENTES DE PAPEL

Editorial:
BAÍA
Ano de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9995-077-8
Páxinas:
38
Encadernación:
Cartoné
-5%
12,50 €
11,88 €
IVE incluído
Descatalogado

Escrito e ilustrado por Bea e Silvia Gil, Sementes de papel conta a relación entre dúas mozas e o bosque onde viven. Naia ocupouse sempre de coidar das árbores e dos animais. Pero os anhelos máis profundos de Eyla romperán o equilibrio do lugar.
Do enxeño e do amor pola natureza xurdirá unha solución que lles axudará a salvar a preciosa paisaxe.
Sementes de papel é una fábula ecoloxista que intenta espertar a curiosidade das nenas, dos nenos e dos adultos cara a un tema vital na educación e na situación do planeta, o respecto pola natureza.
A historia alértanos de que cómpre tomar conciencia da importancia crucial que teñen os bosques. E ao mesmo tempo é esperanzadora, xa que os verdadeiros protagonistas do conto, as árbores e os animais, non desaparecen malia que a súa supervivencia corre un grave perigo.
Seremos nós quen de salvarmos os habitantes ancestrais da terra, as árbores?