SOCIAIS 2º.ESO

SOCIAIS 2º.ESO

Editorial:
BAÍA
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9995-032-7
Páxinas:
270
Encadernación:
Otros
-5%
36,40 €
34,58 €
IVE incluído
Descatalogado

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido a 2º curso da ESO.

As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo. Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia.

A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática.

As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou amplía o discurso das autoras.

O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación.

O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos.

Ao final da unidade vai un apartado titulado Reforza as competencias básicas: Analizamos... (estudo monográfico dun aspecto destacado da Unidade), Traballamos con... (exemplificación de técnicas de traballo relacionadas con contidos da Unidade) e Lembra e aplica (autoavaliación que facilite ao alumnado a concreción dos coñecementos adquiridos).

Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.