SUBDITOS OU CIDADANS?

SUBDITOS OU CIDADANS?. REFLEXIÓNS ANTE A INVOLUCIÓN DEMOCRÁTICA E A LÓXICA DOS PODEROSOS

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Outras humanidades
ISBN:
978-84-9121-704-6
Páxinas:
256
Encadernación:
Rústica
Colección:
CRONICA
-5%
21,95 €
20,85 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque.
Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.
A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.
O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.