Noticias

XUL
11

Viaxa no tempo con Joyce Carol Oates

Joyce Carol Oates, pouco a pouco, vai ocupando o lugar que merece dentro do recoñecemento da comunidade lectora. Unha das grandes voces da nova literatura estadounidense que estrea unha novela distópica moi interesante.
Viaxa no tempo con Joyce Carol Oates

Riesgos de los viajes en el tiempo, publicada en castelán por Alfaguara, é a última novela publicada no Estado dunha das autoras máis interesantes da narativa actual. Joyce Carol Oates (Nova York, 1938) consegue iso tan difícil de unir literatura con vontade popular, de atinxir un público amplo, coa necesidade de renovar os xéneros e outorgarlles un valor autoral inequívoco. 

Esta máxima lévaa a bo termo tamén nesta nova novela. Vexamos de que vai: O mundo está rexido por un sistema opresivo onde as viaxes no tempo son habituais. Pero unha viaxe no tempo neste mundo non é sinónimo de aventura ou de fuxida senón de castigo. Estamos no 2039 e Adriane Strohl acaba de ser condenada por Traizón logo dun discurso de graduación considerado subversivo polas autoridades. A adolescente "rebelde" é enviada a Wainscotia, unha cidade universitaria que aínda existía no 1959. Esta experiencia valeralle á protagonista para entender que cando unha persoa decide liberarse das restricións sociais ten que asumir as súas consecuencias, incluídas as inesperadas. 

É curioso o lema que acompaña a promoción desta obra: Sénteste fóra do lugar no tempo no que vives? Talvez é que proveñas do futuro. 

 

Voltar