A CABRA BOBA (G) (CARTONE)

A CABRA BOBA (G) (CARTONE)

Editorial:
OQO
Año de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-9871-499-9
Páginas:
36
Encuadernación:
Cartoné
Colección:
O
-5%
14,04 €
13,34 €
IVA incluido
Agotado
Añadir a la cesta

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida no tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar.


Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras canda eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola.

Ao acabar o día, os cativos recollían as súas cabras -aínda que, algunha volvía soa para o curral. Así, a cabra regresaba co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza tamén chea, mais de cousas que aprenderan na escola.

A cabra boba -ou lista, segundo se mire- deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural, e constitúe unha fórmula indirecta para se achegar e comprender a cara fantástica da realidade. A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Se cadra, marchou para o curral... Miguel búscaa por todas partes, e atópaa nun lugar inesperado. A aventura termina dun xeito cómico e sorprendente que desvela a ilustración.

Mediante recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións...), Pep Bruno crea unha historia ideal para contárllela aos máis pequenos antes de durmiren. Un conto co texto imprescindible, e que ten un valioso apoio no poder narrativo da secuencia visual.

Roger Olmos preséntanos imaxes con perspectivas moi eficaces para guiaren a acción e asimilarmos conceptos espaciais que marcan o ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan comicidade e información estimulante para a imaxinación, e converten A cabra boba nun libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.