A DERROTA DE GALICIA

A DERROTA DE GALICIA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Outras humanidades
ISBN:
978-84-9914-383-5
Páginas:
328
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
-5%
19,60 €
18,62 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

A colección de textos que compón este libro, ten dúas caras: intenta rexistrar as formas en que nos últimos trinta anos tivo lugar o proceso de modernización, pero alimenta a sospeita de que este país, inmerso nunha grande transición de múltiples vértices, está fraguando nun sentido equivocado. En realidade, é posible constatar a inexistencia dun proxecto propio que non sexa pasivo, inerte, respecto da evolución xeral española. Semella que os anos que veñen serán os do intento de recentralización de España e Galicia non parece preparada para resistir este asedio. Baamonde, un dos pensadores máis lúcidos do noso tempo, entende que a identidade de Galicia tería que ser proactiva, de futuro, tecida sobre a base de novos consensos sociais e inscrita na sociedade-rede mundial. Un punto de amarre para evitar a disgregación social, para que o territorio, a historia e a cultura se enmarquen no mundo dos fluxos que nos tocou vivir e para que a sociedade galega encare as súas propias transformacións. Entendida como expresión de dinamismo e de enerxía da sociedade civil tería que ser o cerne dun proxecto de cambio que articule ao conxunto da sociedade no seu conxunto.