A GALICIA MÁXICA DE GARCÍA MÁRQUEZ

A GALICIA MÁXICA DE GARCÍA MÁRQUEZ

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Biografías
ISBN:
978-84-9914-482-5
Páginas:
96
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CRONICA
-5%
17,50 €
16,63 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Gabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa «avoa galega», que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad «usando o mesmo método da miña avoa».
Pero, ¿quen era aquela misteriosa «avoa galega»? O escritor parecía referirse á súa avoa Tranquilina, unha colombiana de antepasados españois, mais el sabía que a realidade que identificaba ?e reivindicaba? abeberaba na maxia dunha herdanza teluricamente máis neboenta. Foi entón cando dixo: «Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia.»
Nesta obra, Carlos G. Reigosa busca, á vez, o escritor e a súa «avoa galega», seguindo os pasos dun García Márquez que viaxa a Galicia para desenredar a madeixa das súas orixes ?persoais e literarias? e que, ao cabo, se perde na selva indescifrable da súa propia creación. Porque non sempre é posible deslindar a realidade e a ficción.

Otros libros del autor