MALO, ROBERTO Y MATEOS, FRANCISCO JAVIER
O novo rexente herdou un reino inmenso, con
ducados, marquesados, territorios de ultramar...
Herdou tamén unha débeda de cen mil moedas
de ouro cun perigoso cabaleiro da fronteira: o
cabaleiro Negro.
A historia dun rei en dificultades non é nova,
tampouco que o monarca decida recorrer a un
habilidoso espadachín para acabar cos seus
problemas. Con todo, esta historia pouco ten de
conto tradicional: nin o é no ton, nin na linguaxe,
nin tampouco no desenvolvemento da trama.
Un álbum que rende unha divertida e xusta
homenaxe a todas as nais.