A NEVE INTERMINABLE

A NEVE INTERMINABLE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9914-838-0
Páginas:
192
Encuadernación:
Rústica
Colección:
FORA DE XOGO
-5%
13,50 €
12,83 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Un equipo de guionistas ?tres mulleres e dous homes? recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas.
A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno.

Otros libros del autor