AREAQUENTE

AREAQUENTE

Editorial:
SOTELO BLANCO
Año de edición:
ISBN:
978-84-7824-579-6
Páginas:
200
Encuadernación:
Bolsillo
-5%
12,00 €
11,40 €
IVA incluido
Descatalogado

ENCONTRO FOTOGRÁFICO-LITERARIONA BUSCA DAS FOTOS CON CHEIRO PONTECESO - SÁBADO, 18 DE XUÑOFotografía e literatura únense neste Encontro Fotográfico-Literario de miradas poéticas sobre o espazo (des)habitado coa consciencia de que detrás de ningures sempre hai algo que permanece. Entrar nese mundo baleiro é habitar Areaquente, o lugar das sombras ás que lles cazar a súa luz, o seu "cheiro" da man da escritora An Alfaya e da fotógrafa Olga Seoane Paulus.PROGRAMADÍA 18 DE XUÑO10.00 a 10.15. Chegada a Ponteceso, recepción na Fundación Eduardo Pondal, (O Couto, 15110, teléfono 981 71 40 00) Ponteceso. http://www.ponteceso.net/ga/upload/inf/101-d-mapa-situacion.jpghttp://www.ponteceso.net/ga/upload/des/79-d-RUEIRO-ponteceso.pdf10.15 a 10.30. Visita á exposición Fundación Eduardo Pondal e explicación a cargo do investigador Javier Couto sobre Pondal e a súa área de influencia. Grazas á súa colaboración, el será quen nos guíe polos diferentes espazos durante toda a xornada.10.30 a 11.30. Presentación da novela Areaquente. Intervirán a autora, An Alfaya e Anxela Gracián, directora da colección. 11.30 a 13.30. Primeira parte do Obradoiro fotográfico a cargo da fotógrafa Olga Seoane Paulus. Lugar: Fundación Eduardo Pondal.(O curso contará cunha explicación teórica dos principais elementos que interveñen nunha fotografía (tempo de obturación, profundidade de campo, luz...) e cunha explicación de como conseguir selo de autor ou mirada de artista, isto é, fotos con cheiro).13.30 a 14. 00. Chegada á Praia de Balarés. 14.00 a 16.00. Xantar no Restaurante Miramar-Praia en Balarés (Optativo previa reserva na inscrición)16.00 a 19.00. Fotografar o espazo. (Segunda parte do Obradoiro fotográfico a cargo da fotógrafa Olga Seoane Paulus). (O curso contará cunha explicación práctica do encadre, texturas, espazos, luz... nos escenarios das aldeas d´O Roncudo e Candelago para fotografar a memoria, as casas baleiras, as portas vencidas e, tras delas, a vida doente das sombras, os amores furtivos e os pasos perdidos, nostalxias que atraparemos na lente da nosa cámara con ese instinto de cazador de fotos con cheiro). (Importante: levar calzado cómodo, cámara de fotos dixital ou analóxica e actualizada a lectura da excelente novela Areaquente de An Alfaya).PREZO: 50 euros. (Inclúe xantar no restuarante Miramar e obradoiro fotográfico). 25 euros: (Inclúe obradoiro fotográfico). INSCRICIÓN: Comunicarase a inscrición a Sotelo Blanco Edicións no correo electrónico soteloblanco@soteloblancoedicions.com ou en horario de mañá no teléfono: 981 582 571 indicando nome completo, correo electrónico e un número de teléfono de contacto e realizarase o ingreso na conta 2080 0155 13 0040015861 (Novacaixagalicia), indicando o nome completo e a actividade (xantar e obradorio fotográfico, ou obradoiro fotográfico). O prazo de inscrición remata o mércores 15 de xuño. Prégase levar o xustificante o día do "Encontro Fotográfico-Literario Na busca das fotos con cheiro". PRAZAS: 50. Ata esgotar o número de prazas por orde rigorosa de inscrición e pagamento. ORGANIZAN: EDITORIAL SOTELO BLANCO EDICIÓNS, en colaboración coa FUNDACIÓN EDUARDO PONDAL e co asesoramento da sección de TURISMO DO CONCELLO DE PONTECESO ao que expresamos o noso agradecemento.