BERGAN

BERGAN

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
Novela histórica
ISBN:
978-84-9995-312-0
Páginas:
223
Encuadernación:
Rústica
Colección:
BAIA NARRATIVA
-5%
14,35 €
13,63 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Bergan é unha obra debedora d´A cidade branca, pero a súa historia actual, como o mundo debuxado no pensamento da Grecia clásica, está cambiada, transformada e semella en permanente movemento, quizais lineal, circular ou elíptico, pois todo cabe nel.

O xénero fantástico empregado achégaa a obras recoñecidas na literatura universal e que a todas e todos non poden vir ao pensamento sen mencionar ningunha. Con todo, a súa apropiación da mitoloxía do noso país sitúao nunhas terras que nos son próximas, e contribúe tamén, non sabemos se intencionadamente, a evocar autorías que xogaron coa realidade e a fantasía ás que parece render homenaxe.

O xogo literario, desde logo sorprendente, coa “presenza” de tres narradores para facernos comprensíbel a procura de Bergan, ademais de sumar visións que son recollidas, en realidade, por un narrador omnipresente, tamén nos propón a idea de que “todo é segundo os ollos cos que se mira”, de aí, quizais, as súas múltiples lecturas e interpretacións.

***

Dóniga é unha civilización perdida. Ou case. Desterrados dun tempo remoto, aínda quedan homes e mulleres que gardan celosamente o recordo do seu tempo de esplendor, antes de que Ténebro ensombrecera o mundo. Nacido xa en tempos e terras de penumbra, Bergan iniciará unha viaxe na busca da memoria secreta dos dónigos. Viaxe no espazo pero tamén no tempo, o tempo mítico no que brillou por última vez, antes da súa postrema apoteose e ocaso, a Cidade da Estrela. Un tempo perdido no que, xunto aos homes e as mulleres, habitou, tamén, a Serpe. Nos límites da Natureza e a Cidade, do Tempo e da Morte, a viaxe de Bergan é, ao cabo, a busca dun mito que todos e todas secretamente botamos de menos entre a ironía e o desengano: o mito do que, talvez, puidemos ter sido.

Otros libros del autor