CONTOS POR PALABRAS

CONTOS POR PALABRAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Narrativa infantil/xuvenil
ISBN:
978-84-9914-155-8
Páginas:
152
Encuadernación:
Otros
-5%
9,95 €
9,45 €
IVA incluido
Disponible en la librería
Añadir a la cesta

Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais.
" Unha chave non é suficiente " é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que " se duplica calquera chave, con ou sen mostra " .
" O caso do unicornio azul " conta a historia dunha unicornia que acode
a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada.
" Vanesa e o anuncio da televisión " conta a historia dunha nai empeñada
en que a súa filla sexa unha artista da televisión.
" Un artista de neón " : un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos.
¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato " O caso do estraño empregado " ?
Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en " Ser superheroe non é doado " e " Noites de lúa chea " .
" O libro das infinitas historias " , o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades.

Otros libros del autor

Otros clientes también compraron