CRONICAS DUN TEMPO ESCONDIDO. PONTEVEDRA 1930-1960

CRONICAS DUN TEMPO ESCONDIDO. PONTEVEDRA 1930-1960. PONTEVEDRA, 1930-1960

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-9865-534-6
Páginas:
332
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEMORIA
-5%
23,95 €
22,75 €
IVA incluido
Disponible en distribuidora
Añadir a la cesta

En realidade son algo máis ca unhas memorias. Voz persoal e compartida. Cronica coral. Narración de poeta, editor, xornalista, cidadán... Testemuña dun tempo escuro e aínda así cheo de luces, relampos no fuscolusco, que invitan a reconstruír un período da nosa historia máis próximo do que parece. Sabino Torres, con humor, con intelixencia, cunha prosa áxil e desinhibida, recupera un tempo pouco coñecido da nosa historia contemporánea (da nosa historia cultural e da nosa historia social), centrado na vila do Lérez entre o ano 1936, coincidindo co levantamento dos militares en África e as manifestacións a prol da República, que o autor viu como reprimían sendo un rapaciño de 12 anos mentres xogaba ás bólas cos compañeiros na alameda pontevedresa, ata o ano 1969, en que decide deixar Galicia para iniciar novos camiños profesionais e vitais. Pero a memoria volve, forma parte de nós. Imposible agochala.