ELA, PIEDADE DOS SUICIDAS

ELA, PIEDADE DOS SUICIDAS

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
Teatro adultos
ISBN:
978-84-9995-160-7
Páginas:
56
Encuadernación:
Otros
Colección:
BARRIGA VERDE
-5%
5,20 €
4,94 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Obra gañadora do XI Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos) 2014.
Segundo o xurado, Ela, piedade dos suicidas é unha nova visita ao vello mito grego de Orfeo e Eurídice que se fixera xa texto dramático na perdida traxedia de Esquilo e que continuou reescribíndose de xeito incesante dando lugar a creacións moi variadas ao longo de máis de dous milenios. Este actual Orpheo é máis poeta que bardo; a súa arte lírica é sortilexio e salvoconduto para obter o privilexio de saír do furado negro infernal. A vontade transgresora da peza move os marcos do gusto hoxe dominantes cunha orixinal mestizaxe de xéneros, pois presenta unha proposta en verso libre que imprime alento de eternidade a unha escena de marcado carácter obxectual, cohabitada por sombras, pantallas, máscaras e, quizais, mómaros.
O autor materializa aquel vello soño de Rafael Dieste de atopar o sublime estilo oral das estatuas, recuperando a paradoxal estratexia das derradeiras montaxes do Teatro Antroido, onde unha opulenta disposición de aparellos se batía contra o desposuimento reinante no contorno. A achega, asemade, logra transmitir unha percepción coherente e anovada do mundo, sen abandonar as estruturas definidoras do mito. Somete á nosa consideración cal dos dous ámbitos é máis infernal: o do alén ou o dunha ?vida? que aniquilou a Eurídice por sobredose de heroína na cámara nupcial. Nesas, só os adxectivos son quen a redimirnos. E grazas.
Contén esta peza as claves dun proxecto escénico moi ambicioso conseguido mediante o recurso aos obxectos, o que o fai viable nestes tempos de recortes económicos e, xa que logo, de elencos retraídos.
A calidade lírica das falas dos personaxes é altísima e dá moita profundidade a unhas figuras dramáticas deseñadas cunha técnica moi rendible e pouco vista hoxe.
Reivindica a potencialidade enriquecedora da palabra en escena de modo que o texto se dá a valer coa dignidade propia do que non é un simple pretexto ou produto subordinado.