ENSALADAS

ENSALADAS. A FRESCURA DA TERRA

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-92630-91-2
Páginas:
175
Encuadernación:
Otros
Colección:
COCIÑA
-5%
17,55 €
16,67 €
IVA incluido
Descatalogado

A ensalada, até hai pouco, concretouse nuns produtos clave: leituga/escarola, tomates, cebola, olivas, pemento, cenoria, ravos... e algunhas herbas silvestres. É desde estes últimos trinta anos, momento en que a cociña cambiou de signo en xeral, que "o cru e o frío" adquiriron relevancia. Un exemplo que o determina claramente son as mesturas actuais de elementos crus con outros cocidos -verduras cocidas, cereais, legumes-, que dan lugar a preparacións máis completas e a pratos con máis entidade.

Outro punto a ter en conta e que deu un xiro é, precisamente, o aderezo. Do clásico aceite, vinagre e sal (botado enriba dos elementos sen movelos) pasouse a elaborar salsas variadas e a condimentar de novos e diferentes xeitos, e, sobre todo, a pór en práctica o clásico tourner a salade da cociña francesa, é dicir, mesturar os integrantes da ensalada. Ou a gama de sal de sabores e procedencias diversas ou os vinagres ao estilo balsámico.

De feito, a presenza da ensalada é atemporal, posto que aparece en calquera época. Agora ben, a cualificación da comida fría e a tendencia actual cara a ela provocaron que estes pratos se sitúen cada vez máis en momentos de calor ou de frío e que sexan esperados por todo o mundo.

A través de 104 propostas, que combinan tradición e innovación, este libro invita á mestura, ao atrevemento e, sobre todo, aos cambios -moi do gusto da autora-, para que así cadaquén poña o seu toque particular.