Cando a escritora Roxane Gay se autodenominou ùironicamenteù «malafeminista», recoñecía que non podía cumprir cos requisitos deperfección do movemento feminista. Mala feminista é un conxunto deensaios acedos sobre este movemento na cultura moderna e unha aguda edivertida reflexión sobre como a forma en que consumimos a cultura nos converte no que somos, sempre con ton autocrítico e consciente dopapel da muller ùasí como da súa relación cos homes e coas demaismulleresù nos nosos días, a través da súa propia experiencia e dasdinámicas políticas e culturais recentes.
Para elavivimos nun mundo apaixonante, cheo de distraccións que nos gustan eque nos obsesionan, mesmo se van en contra dos nosos principios.Gústalle a música rap, aínda que é consciente dos clixés sexistas demoitos dos seus autores. Tamén lle gusta o cinema absurdo, a cor rosa, engancharse a series como Girls e ler a revista Vogue. Medianteexemplos da cultura pop e da súa propia vida, Gay fálanos do aborto,da maternidade, do acoso sexual, da igualdade de salarios, dos mitossobre a amizade entre mulleres, da recente literatura escrita