NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR

NACIONALISMO GALEGO AQUÉN E ALÉN MAR. DESARTICULACIÓN, RESISTENCIA E REARTICULACIÓN (1936-1975)

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-277-1
Páginas:
450
Encuadernación:
Rústica
Colección:
COLECCION XERAL
-5%
23,95 €
22,75 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Con esta obra o profesor Uxío-Breogán Diéguez Cequiel realiza unha fonda incursión na historia do nacionalismo galego. Apresenta unha monografía na que, por vez primeira, obtemos unha detallada panorámica desta realidade entre o plebiscito autonomista de xuño do 1936, diante da II República, e a eclosión do movemento nacion al-popular galego na primavera do ano 1975, no final da ditadura franquista. Unha viaxe que parte dun tempo presidido no campo nacionalista polo Partido Galeguista (PG), fundado en decembro do 1931, para rematar coa creación da Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), da que se cumpren corenta anos.Entre ambos fitos cronolóxicos e organizativos, este libro percorre os camiños que o nacionalismo galego transitou, aquén e alén mar, desde a súa desarticulación após o Golpe militar de 1936 e o longo exilio. Un exilio que de xeito sobranceiro tería como máximo expoñente ao deputado Daniel Rodríguez Castelao. Quen xunto outras fi guras, caso do destacado Antón Alonso Ríos, erguería un tecido patriótico alén mar do que sería exemplo a Irmandade Galega (1941) e o Consello de Galiza (1944), sorte de goberno galego no exilio.Tempo de resistencia no que na Galiza se ensaiaría un novo galeguismo, cimentado desde 1939 e no que a lingua e cultura propias serían o seu epicentro. Un resistencialismo cultural que non sería acompañado por proclamas soberanistas, a diferenza daquel exilio e tempo republicano. Realidade diante da que desde alén mar se contribuiría decisivamente á reorganización nacionalista na Terra, dando lugar ao efémero Consello da Mocedade no 1963 e un novo tempo de rearticulación patriótica galega