NOS FURADOS DAS ÁRBORES

NOS FURADOS DAS ÁRBORES

Editorial:
BAÍA
Año de edición:
Materia
Relatos curtos ilustrados
ISBN:
978-84-9995-349-6
Páginas:
18
Encuadernación:
Cartoné
-5%
18,00 €
17,10 €
IVA incluido
Disponible en la librería
Añadir a la cesta

Sabías que en cada pregadura dun carballo existe unha aldea enteira, mesmo unha vila? As larvas de escaravello abren cos dentes camiños na madeira por debaixo da cortiza, facendo unha sala para cando chegan as crías novas. O carballo ata ten unha médica que o trata con moito cariño, dando golpiños e auscultando para ver que doenza ten. A cambio, a árbore déixalle facer casa nun furado da cortiza. De veciñanza teñen unha familia de esquíos, un leirón cobizoso ben metidiño no seu cuarto preparándose para superar sen problemas o inverno e un moucho moi pequeno que chama tal cal así, moucho pequeno.

A enciclopedia de fermosas ilustracións que forma parte do libro ensinarache moitas cousas interesantes sobre o mundo animal, entre outras o feito de que as árbores son o fogar de artistas que poden competir coas mellores escultoras humanas.

A obra preséntase dividida, o que nos ofrece dúas posibilidades de coñecemento: a) a tradicional, co formato dunha enciclopedia, que dá a coñecer a variada poboación de animais que viven nas árbores e na súa contorna; b) un modelo de árbore, con páxinas troqueladas, no que os seus habitantes non informan de forma simpática e divertida o seu particular modo de vida.

Otros libros del autor