NTVA165. NARCOS

NTVA165. NARCOS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Novela negra
ISBN:
978-84-8302-629-8
Páginas:
352
Encuadernación:
Rústica
-5%
23,50 €
22,33 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro ?un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda? que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro.
Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco) e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez.
Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.