O CUARTO DAS ABELLAS

O CUARTO DAS ABELLAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
Poesia adultos
ISBN:
978-84-9121-128-0
Páginas:
80
Encuadernación:
Rústica
-5%
12,70 €
12,07 €
IVA incluido
Disponible en 1 semana
Añadir a la cesta

Este libro nace da tensión entre o doméstico e o salvaxe. O tempo detense na formalina dos recordos e fai ecoar, nas celas da memoria, o misticismo indomábel de Emily Dickinson: «A morte ?escribiu ela nunha carta? é inofensiva, coma unha abella, agás para aquelas que corren.»
" O cuarto das abellas " é unha abellariza de palabras, unha estrutura pechada e inquietante na que Antía Otero esmelga o froito dunha poesía que é, no entanto, agre, sen almibres. Porque amarga é a verdade, o amor e todo aquilo que aquí doe pola súa certeza. A autora, entre un enxame de obreiras, adéntrase cautelosa na linguaxe e comparte connosco o seu fermoso acto de risco, o perigo-mel duns versos que, coma o veleno das abellas, proen e sandan á vez.
Fran P. Lorenzo