O PORQUE DE TODAS AS COUSAS

O PORQUE DE TODAS AS COUSAS

Editorial:
KALANDRAKA
Año de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-16721-72-6
Páginas:
160
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
-5%
17,00 €
16,15 €
IVA incluido
Disponible en 3-7 días aprox.
Añadir a la cesta

Exito de vendas e de crítica, que o considerou un dos exercicios máis virtuosos da literatura catalá contemporánea, a trintena de historias breves que conforman «O porqué de todas as cousas» son aparentemente simples e esquemáticas pero revelan a mestría narrativa -especialmente no xénero do relato- de Quim Monzó, a súa capacidade de síntese e a súa certeira visión da eterna incertidume humana, exposta de forma aguda, irónica e directa. Comparado con Kafka, Borges e Rabelais e consagrado como un dos autores máis relevantes da súa xeración, Monzó retrata nesta obra as relacións afectivas e ridiculiza a sociedade actual a través da ficción, cunha linguaxe transparente e precisa, sen máis filtros que a súa poderosa imaxinación, o manexo dos dobres sentidos e do humor negro, e o seu estilo hilarante que subverte os estereotipos sociais e a lóxica interna do relato.