PURGATORIO

PURGATORIO. LOVECRAFT IV

Editorial:
URCO
Año de edición:
Materia
Cómic/novela gráfica
ISBN:
978-84-937142-0-8
Páginas:
178
Encuadernación:
Rústica
Colección:
GOTICA
-5%
14,00 €
13,30 €
IVA incluido
Descatalogado

Con este volume remata o primeiro ciclo da biblioteca Lovecraft, dedicado aos "Mitos de Cthulhu", aínda que a colección continuará en vindeiros títulos cos contos do ciclo do soño e as historias macabras.
Presentamos aquí dúas obras da madurez do solitario de Providence. A primeira delas, o relato A cousa no limiar, centra a súa atención arredor dun protagonista atormentado cuxo corpo é posuído por un espírito maligno que desexa acabar coa realidade que coñecemos. A segunda, a novela breve A sombra fóra do tempo, versa sobre unha antiga raza extraterrestre que poboou a Terra hai millóns de anos, capaz de proxectar as súas mentes a través do espazo-tempo para así vivir eternamente e atesourar a sabedoría de todo o universo. Ambas as dúas historias son perfectos representantes das dúas liñas fundamentais dos Mitos: Por unha banda a existencia de persoas malignas no noso contorno que desexan abrir as portas da nosa realidade a entidades doutros planos dimensionais, e pola outra a constatación dun pasado do noso planeta distinto ao que tradicionalmente coñecemos pola ciencia, poboado de razas intelixentes e avanzadas procedentes doutros astros cuxa existencia pasada ten ou pode ter consecuencias no presente.

Otros libros del autor

  • N§2 PURGATORIO
    -5%
    Titulo del libro
    N§2 PURGATORIO
    MARCIAL MARTINEZ BASCOY
    Descatalogado

    6,68 €6,35 €