ROSALÍA DE CASTRO

ROSALÍA DE CASTRO. A LUZ DA OUSADÍA

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
Artes
ISBN:
978-84-8487-159-0
Páginas:
128
Encuadernación:
Rústica
-5%
12,00 €
11,40 €
IVA incluido
Disponible en la librería
Añadir a la cesta

Rosalía de Castro. A luz da ousadía abre as portas ao coñecemento dun debate sobre a identidade, condición e capacidades das mulleres, central no século XIX, e que demostra até que ponto era importante, para o sistema e a súa estabilidade, truncar calquer arela de mudanza psicosocial e moral e reforzar, en troca, todos os mecanismos de suxeición da muller ao home, aos fillos, á casa e á moral conservadora reinante. É, o presente libro, fillo dunha leitura cordial, desprexuiciada e moi atenta da obra íntegra da nosa autora, tanto en verso como en prosa, acto necesario para unha comprensión cabal da súa cosmovisión, da súa ideoloxía, da aspiración á instauración dunha nova moral social e da consecución dun novo locus para as mulleres. Fica ela, Rosalía, liberada do esperpento (dos espellos cóncavos ou convexos que tantas veces a aqueloutraron), retratada conforme autoriza a súa elocuencia, a forza directa dos seus textos, moi ricos en significados explícitos, mais tamén en significados implícitos ou encubertos.

María Pilar García Negro