Publicado tres anos antes do pasamento do escritor, a súa brevidade e variedade convérteo nun libro crepuscular, no que se reflicten anteriores proxectos inacabados, interferencias e fragmentos doutras obras a carón da inquedanza que provoca o sentimento da morte. A vida cotía da época, a antigüidade e a Idade Media fornecen o decorado dunha das obras menos coñecidas e máis desacougantes do autor de Madame Bovary.