31.A ÚLTIMA VIAXE E OUTROS RELATOS

31.A ÚLTIMA VIAXE E OUTROS RELATOS

Editorial:
BAÍA
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9995-040-2
Páxinas:
157
Encadernación:
Rústica
Colección:
BAIA NARRATIVA
-5%
13,20 €
12,54 €
IVE incluído
Descatalogado

Esta nova obra narrativa de Alberto G. Aneiros componse de 8 relatos breves e outro máis extenso -o que dá título a obra-, en forma de diario de viaxe, que case podería considerarse unha novela curta.

A través da súa lectura, coñeceremos un insólito testemuño directo de abusos sexuais; fatais atraccións e rexeitamentos entre mozas e mozos enleados; malos tratos machistas -e clasistas- nunha situación inesperada; a falsa amizade, o egoísmo desapiadado dalgunha xente nova; un sindicalista que sufriu represalias contando experiencias persoais e certas atrocidades do réxime franquista; a represión e castigo militares dun recruta apaixonado polo canto, que non pode lerse -ou oírse- sen ironía dramática; unha curiosa apoloxía dunha profesión macabra; o progresivo illamento social e a decadencia dun pobre home rico de vila; os conflitos e desgrazas dunha parella nunha viaxe pola India... Todo iso se vai debullando nos diversos textos narrativos que conforman a obra.

Algúns dos seus personaxes móstrannos trazos morais autenticamente monstruosos, comportamentos irracionais, vicios perversos ou paixóns destrutivas que non poden senón derivar en dramas humanos, demasiado humanos...

Agás nunha das historias, o narrador é sempre un dos protagonistas principais que en primeira persoa conta, sofre e coñece directamente o acaecido, o que permite mesmo unha lectura dramatizada dos mesmos.

A pesar da tristeza sen conto da maioría dos feitos narrados, nalgúns dos relatos -como Desafinado, O que un vello sepultureiro dixo..., Fermín o Señorito- non faltan certas doses de humor.
A última viaxe e outros relatos dispoñible en formato e-Pub. Venta na Plataforma elibro-galego.