DIARIO DE ANA FRANK

DIARIO DE ANA FRANK

Editorial:
KALANDRAKA
Ano de edición:
Materia
Non ficción
ISBN:
978-84-15250-94-4
Páxinas:
344
Encadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
-5%
15,00 €
14,25 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

O ?Diario de Ana Frank? foi escrito entre o 12 de xuño de 1942
e o 1 de agosto de 1944 no ático de Amsterdam onde Ana
e a súa familia se esconderon dos nazis. A obra publicouse
ao rematar a II Guerra Mundial e axiña se converteu nun clásico en todo o mundo -traducido a ducias de linguas- por ser
un gran e atemporal testemuño da memoria histórica,
dos millóns de voces caladas durante o Holocausto.
Nas páxinas desta nova edición, enriquecida con moitas pasaxes non publicadas anteriormente, Ana móstrase coma unha rapaza sincera e vital. Unha adolescente contraditoria, vulnerable, sensible e, sobre todo, namorada da vida.
Ana debullará os seus segredos máis fondos: a descuberta do amor e da sexualidade, a rebeldía contra as inxustizas, a análise social
e política desde o seu agocho, o xenocidio e a barbarie
que acontencían no exterior, fóra da ?casa de atrás??
Mais tamén están presentes no seu diario as vivencias
dos que están obrigados a compartir TODO, mesmo o medo
e a esperanza, mentres o seu mundo se esnaquiza.

Outros libros do autor