FEMINISMO TERAPÉUTICO

FEMINISMO TERAPÉUTICO. PSICOLOXÍA PRÁCTICA PARA O AUTOCOÑECEMENTO

Editorial:
HÉRCULES
Ano de edición:
Materia
Outras humanidades
ISBN:
978-84-19754-34-9
Páxinas:
248
Encadernación:
Rústica
-5%
19,50 €
18,53 €
IVE incluído
Dispoñible na libraría
Engadir á cesta

Unha obra motivadora que nos convida a expresar unha versión máis auténtica e libre de nós mesmas. Reflexiona sobre os grandes temas da psicoloxía feminista partindo de tres grandes piares: I) A conexión cunha mesma, II) A desaprendizaxe
imprescindible da educación feminina e III) A orientación á acción. Neste contexto, a psicóloga e escritora María Fornet, especializada en asesoramento con perspectiva de xénero, propón unir feminismo e psicoloxía para axudar as mulleres a atopar o seu lugar no mundo. Para a autora, a problemática feminina é especial como consecuencia directa do xustillo ao que están sometidas as mulleres e das expectativas que imprime nelas a socialización. Ningunha intervención psicolóxica,
afirma, pode resolvela se non adopta unha mirada de xénero. O feminismo sanda.
Feminismo terapéutico pretende recoñecer a desigualdade e traballar diferentes técnicas para que as mulleres atopen a súa propia voz. Unha viaxe apoderadora e práctica que combina autodescubrimento, creatividade, narrativa e grandes figuras
femininas para reflexionar, gozar e transformar a propia vida.