A Mariña encántalle o fútbol, e é tan boa co balón que semella que fai maxia cos pés. Pero os rapaces non llo poñen doado e impídenlle xogar no campo de fútbol do patio. Cando está a piques de resignarse, Chusa, unha compañeira da clase, anímaa a loitar polos seus dereitos e proponlle unha solución: facer un equipo de rapazas e demostrar que son capaces de todo. Tremede, nenos, acaban de nacer as Rosa Parks!