GUÍA DA GALIZA MÁXICA, MÍTICA E LENDARIA

GUÍA DA GALIZA MÁXICA, MÍTICA E LENDARIA

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
ISBN:
978-84-8288-205-5
Páxinas:
550
Encadernación:
Cartoné
-5%
31,00 €
29,45 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Longos anos de estudio e de preparación precederon esta singular guía, anos de viaxes por Galicia, lendo e escoitando, recollendo o sabido e descubrindo o esquecido. Nunha primeira parte, familiarízanos o autor coa "Ollada marabillosa" presentando sitios, personaxes e feitos que constitúen o universo máxico deste país fisterrán e das súas xentes: castros e tesouros, meigas e encantamentos, a santa compaña e os lobos. Na segunda parte -"O lugar da lenda"- amósanse as tradicións vencelladas a lugares concretos: desde Abegondo ata Xinzo de Limia, pasando por San Andrés de Teixido, Santiago, Mondoñedo e toda a xeografía máxica de Galicia. Con máis de 200 fotografías e gravados e 50 mapas de localización, esta Guía da Galiza máxica é un gozo non soamente polo seu contido, senón tamén por unha presentación gráfico-visual que ameniza a lectura.

Outros libros do autor