MASCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL

MASCARAS ROTAS PARA SEBASTIAN NELL

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9865-569-8
Páxinas:
404
Encadernación:
Rústica
Colección:
LITERARIA
-5%
26,70 €
25,37 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Editorial Galaxia publica Máscaras rotas para Sebastian Nell, novela coa que Alberto Ramos obtivo o Premio García Barros do ano 2014. A obra premiada no certame que organiza o Concello da Estrada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística trátase dunha novela que combina distintos tipos de escritura nos que a materia narrativa se une co xénero da entrevista.
En opinión do xurado, nesta obra de Alberto Ramos destaca a grande orixinalidade da disposición do material narrativo e a caracterización do seu protagonista. Introdúcesenos nunha poderosa historia protagonizada por un actor inglés nas súas derradeiras horas; Sebastian Nell lembra os seus días, cheos de luces e sombras, diante dunha xornalista coa que mantén unha entrevista longa. Polo camiño vai aboiando todo un mundo de miserias persoais e profesionais, de envexas e iras que tracexan un retrato intenso e non sempre agradecido do difícil universo do teatro e do cinema.
Ao final da súa vida, e tras recibir o diagnóstico do alzhéimer, o actor británico Sebastian Nell concédelle unha única entrevista á xornalista Rebecca Graham. Nas longas horas de conversa, o actor percorre a súa traxectoria teatral en Gran Bretaña e a súa carreira cinematográfica en Hollywood. Retrata así, con nostalxia e ao tempo desarraigamento, os falsos brillos da sociedade do espectáculo. Mais non só, porque do pasado de Sebastian Nell tamén xorden os bombardeos de Londres na Segunda Guerra Mundial, a enfermidade, a miseria, o amor, un particular sentido da historia contemporánea e un desexo impúdico de contar. Alberto Ramos fai nesta novela unha radiografía dos claroscuros do século XX a través do diálogo punzante e inclemente de dous personaxes que intentan descubrir quen é cadaquén. E onde nada é nunca o que parece.

Outros libros do autor