MATARTE LENTAMENTE

MATARTE LENTAMENTE

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-9914-567-9
Páxinas:
168
Encadernación:
Otros
Colección:
NARRATIVA
-5%
20,50 €
19,48 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Na reunión de preferentistas o avogado explica aos afectados que as participacións preferentes son emisións perpetuas cuxo problema é a falta de liquidez inmediata. Dilles que estamos falando de produtos comercializados de xeito enganoso nun momento no que os bancos, durante os primeiros anos da crise, tentaron reforzar o seu capital indiscriminadamente. «Todo respondeu ?continúa?, a unha estratexia planificada. A maioría de vostedes pensou que se lles estaba vendendo un prazo fixo, sen ningún tipo de risco. Pero non foi así». Unha voz crebada interrompe desde a porta ao avogado: «Aquí vai haber sangue.»
Matarte lentamente consolida a liña de modernización radical da novela negra que Diego Ameixeiras abriu en novelas anteriores como Dime algo sucio, Historias de Oregón e Todo OK. Dosificación da información, economía expresiva, coidada estrutura de tramas e vidas que van encaixando coma un puzzle son características desta novela impactante e inesquecible que presenta con claridade problemas claves do noso tempo.

Outros libros do autor