MIÑO

MIÑO

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-1110-310-7
Páxinas:
464
Encadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
-5%
24,95 €
23,70 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

Na antoloxía «Miño», que xorde dunha iniciativa da asociación Amigos do Libro Galego/Artes e Le-tras, coordinada polo xornalista Xosé Manuel del Caño, recóllense 38 relatos que conforman unha visión xeral do estado da narrativa galega actual. Como escribe Rexina Vega no limiar que dá entrada á obra, os textos achegados polas autoras e autores amosan «a enorme diversidade e calidade que caracteriza hoxe a narrativa do noso país». Trátase de propostas literarias que «transitan libres e porosas, dialogan coa alteridade conscientes da ambivalencia que subxace en toda definición identitaria sen, porén, perder o acento que as marca como o produto modelado por un complexo aquí, comunidade que comparte lingua ou, o que é o mesmo, casa e ferida». Pola súa parte, Antón Riveiro Coello destaca no epílogo «a infinidade de rexistros e estilísticas ensaiados, a pluralidade de voces, os enfoques narrativos, as preocupacións temáticas, as diferentes técnicas de fascinación de todo este magma creador que ten algo de forza sintetizadora, de respiración dun país pola boca dos referentes do actual panorama literario.»