O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

Editorial:
LAIOVENTO
Ano de edición:
Materia
Novela adultos
ISBN:
978-84-8487-641-0
Páxinas:
199
Encadernación:
Rústica
-5%
17,95 €
17,05 €
IVE incluído
Descatalogado

"Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músico, porque se trata dunha obra que recolle, gaba e restitúe a memoria daqueles músicos anónimos que, con maior ou menor "afinación", mantiveron viva a chama da nosa tradición(e mesmo importaron outras) naquela España en branco e negro do século pasado, na que transcorreu a infancia do autor e a de moitos de nós, ou dos nosos devanceiros. Como escritor(ou simplemente como lector), porque estamos ante un libro singular, que mestura realidade e ficción("novela somerxida", como cualificou Claudio Magris a súa obra " Danubio"), un libro que vai máis aló da temática estritamente musical para cicelar un atinado e exhaustivo retrato, ás veces case que antropolóxico(incluidas algunhas historias peculiares, non exentas de comicidade), daquel tempo, daquel mundo que se foi baleirando coa emigración e hoxe agonía, pasto do desleixo e do silencio". Manuel Blanco López. Músico e Poeta.

Outros libros do autor