O INIMIGO COÑECE O SISTEMA

O INIMIGO COÑECE O SISTEMA

Editorial:
KALANDRAKA
Ano de edición:
Materia
Ficción adultos
ISBN:
978-84-16721-55-9
Páxinas:
344
Encadernación:
Bolsillo
-5%
17,00 €
16,15 €
IVE incluído
Dispoñible
Engadir á cesta

"A tecnoloxía que mantén Internet en funcionamento non é neutral, igual que tampouco o é a que atopamos ou instalamos nos nosos teléfonos móbiles. Na última década, todas evolucionaron
dun xeito premeditado, cun propósito moi específico:
manterte cos ollos pegados á pantalla durante o maior
tempo posible, sen que nunca acades o punto de saturación.
Son capaces de facer calquera cousa con tal de que sigas
lendo titulares, premendo sobre ligazóns, engadindo favoritos…"
A rede non é libre, nin democrática. Ese conxunto de servidores
en sitios remotos, antenas, routers e cables de fibra óptica está controlado por cada vez menos empresas. Internet é a infraestrutura
máis grande xamais construída, o sistema que define todos
os aspectos desta sociedade dixitalizada. Sen embargo, é secreta; os seus algoritmos son opacos, as súas microdecisións
non se poden rastrexar. Os centros de poder que almacenan
e procesan a información están ocultos, camuflados
por criptografía; a súa linguaxe está deseñada para confundir
a idea que temos dela. O inimigo coñece o sistema, pero nós non.