O PASEO

O PASEO

Editorial:
LAIOVENTO
Ano de edición:
Materia
Novela adultos
ISBN:
978-84-8487-596-3
Páxinas:
82
Encadernación:
Bolsillo
-5%
11,95 €
11,35 €
IVE incluído
Dispoñible en 3-7 días aprox.
Engadir á cesta

O paseo, que chegou ás librarías en 1917, é seguramente a obra máis emblemática do suízo Robert Walser. Estamos ante unha xoia literaria, ante unha exquisitez que revela unha inusitada vis cómica e lírica e máis un abraiante dominio da lingua. Atopamos aquí, marabillados, unha voz modesta, despreocupada, feliz e xovial, fresca, confiada, agradecida e ceiba. Unha voz, a maiores, discreta e elegante. Unha voz calma, transida de tenrura, de piedade e de amor; unha voz incapaz de asumir a carga prosaica e práctica da modernidade; a voz, en fin, dun ser humano perdido, fragmentado, que se esfarela entre o conxunto das cousas pequenas e fuxidías, e, desta guisa, se libera do peso dun mundo que non recoñece nin lle ten sentido.
É precisamente a este mundo noso tan estraño que Walser lle entregou O paseo, a súa idea da camiñada como ritual humilde, como arte, como pura poesía, exuberante, exaltada, intensa e evocadora, e como fonte dunha filosofía que, construída desde a beira, a insignificancia, a inseguridade e a soidade, descansa na contemplación ingrávida e demorada e conduce á fusión final coa contorna, é dicir, á difuminación, á desaparición, ao esquecemento; á disolución da dor, da angustia, do medo sempre pudorosamente silenciados.