OS EOAS

OS EOAS

Editorial:
GALAXIA
Ano de edición:
Materia
Poesia adultos
ISBN:
978-84-1176-201-4
Páxinas:
210
Encadernación:
Rústica
-5%
19,50 €
18,53 €
IVE incluído
Dispoñible na libraría
Engadir á cesta

Nunca publicados en vida do seu autor, Os Eoas –cuxa versión derradeira data de 1913-1914– veñen conformar o gran proxecto épico concibido por Eduardo Pondal. A figura de Cristovo Colón –a quen o autor bergantiñán, segundo as teses de García de la Riega e Constantino Horta, presenta como galego de nación– e mais a descuberta de América constitúen, daquela, o eixe temático do texto.
Malia non seren sempre ben avaliados por determinada crítica, Os Eoas responden ao afán pondaliano por ser quen de demostrar as máis altas capacidades artísticas do idioma galego. Asemade, veñen alicerzar o soño iberista do poeta, participando do devezo deste por acadar unha epopea fundacional, en consonancia con outros textos presentes nas literaturas europeas e americanas da época.

Outros libros do autor