Un oso pardo, un paxaro vermello, un pato amarelo ou un cabalo azul son
algúns dos curiosos personaxes que asoman por este divertido álbum
acartonado ideal para aprender as cores e os nomes dos animais.
Un texto rítmico, encadeado en formato de preguntas que animan os lectores e lectoras a participar e interaccionar.
Un libro ideal para desfrutar en familia ou na escola co selo inconfundible
do gran Eric Carle que volve sorprendernos co seu estilo sinxelo e lúdico
co que gañou millóns de lectores e lectoras en todo o mundo.