POESÍA COMPLETA LOIS PEREIRO

POESÍA COMPLETA LOIS PEREIRO

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Poesia adultos
ISBN:
978-84-9914-200-5
Páxinas:
224
Encadernación:
Rústica
Colección:
CLASICOS
-5%
16,65 €
15,82 €
IVE incluído
Descatalogado

«O profundo coñecemento que Lois Pereiro posuía da cultura e da contracultura do seu tempo, xunto coa súa experiencia vital, explican a súa particular mirada interior e exterior e a súa escrita. Os poemas e os relatos de Lois Pereiro sitúan os seres na liminalidade porque el tamén estaba aí, na fronteira. Moitos dos seus poemas son escenas cinematográficas nun espazo fronteirizo e cuns protagonistas sumidos no movemento e na inestabilidade vital. Literatura urbana ambienta-da nos espazos públicos (rúas, trens, metro, bares...) coma as películas de David Lean e Win Wenders. A linguaxe do cine vén suplir, desta maneira, aquilo que resulta indescritible na escrita e mostra o que sucede no labirinto da cidade».
Son palabras de Ana Acuña, a profesora e investigadora responsable desta edición da Poesía completa de Lois Pereiro, que Xerais reúne por primeira vez.