VIGO, ABELLA DA RIBEIRA

VIGO, ABELLA DA RIBEIRA

Editorial:
XERAIS
Ano de edición:
Materia
Historia
ISBN:
978-84-1110-240-7
Páxinas:
288
Encadernación:
Rústica
Colección:
CRONICA
-5%
19,95 €
18,95 €
IVE incluído
Dispoñible na libraría
Engadir á cesta

«Vigo, abella da ribeira» reúne oitenta crónicas da memoria de Vigo como cidade amada. Esta escolma é unha reflexión sobre como se foi conformando a súa identidade de cidade portuaria atlántica e bimilenaria, onde todo chega e marcha polo mar. Cidade cifra da Galicia contemporánea, na que caben todas as Galicias posibles. Co formato dun libro de esbozos biográficos, estas prosas viguesas relatan as vidas de persoas de moi diversa procedencia, dende mariñeiros e obreiros a deportistas, médicas, escritoras e taberneiras, que co seu criterio e entusiasmo, mesmo coa achega da súa propia vida, contribuíron na construción do proxecto colectivo dunha cidade estrépito e feroz, de guindastres asombrados, abismo e paraíso. «As crónicas aquí reunidas son un galano de orgullo e de autoestima. Un antídoto efectivo contra o esquecemento e o espectáculo. Un norai de palabras onde amarra o corazón da cidadanía viguesa. Un porto seguro. A baía dentro da baía.» Fran P. Lorenzo. «A través de cada texto de¿«Vigo, abella da ribeira» lemos a cidade, porque neles está escrito o noso tempo e, polo tanto, este libro constitúe tamén

Outros libros do autor