Publicado por vez primeira en1876, este poema
presenta con humor infinito a viaxe imposible
dunha tripulación improbable para achar
unha criatura inconcibible.
Unha peza mestra do nonsense cun texto
enxeñoso, cheo de termos inventados, no que
o épico e o misterioso se mesturan co caótico
e o deliciosamente absurdo. Unha excelente tradución
dunha obra pouco coñecida do gran Lewis Carrol,
ilustrada por Óscar Villán, que nos fala
da transcendencia de perseguir os soños,
aínda que parezan imposibles.